Formación en liña de 15 horas de duración desarrollada por Grupo CYBENTIA, onde l@s alumn@s explorarán seis módulos audiovisuais exclusivos, complementados con informes especializados, documentación crave, material adicional e titorías personalizadas, co obxectivo de coñecer en profundidade os principais vectores de ataque que afectan as frotas de vehículos conectados, os requisitos normativos e estándares aplicables e as mellores prácticas para protexer a comunicación, a telemetría, os dispositivos embarcados e a infraestrutura dixital asociada.
Dita actuación realizase no marco do proxecto denominado “Centro de innovación e competencia en ciencias da saúde, transporte intelixente, industria conectada e excelencia operativa” – “Proxecto RETECH CCAA”, financiado ao 75% polo INCIBE con cargo en fondos NextGenerationEU provenientes do mecanismo MRR e 25% fondos con fondos propios da Comunidade Autónoma.
Coñecer como é a tecnoloxía que implementan os vehículos conectados que forman parte dunha frota de vehículos e a que ciber-riscos expoñen tanto aos pasaxeiros que viaxan a bordo como á empresa da que forman parte | Estudo de como se debe realizar a integración da ciberseguridade nas frotas e o SGF, desde que momento debe levar a cabo, que cambios e melloras obriga a implementar na organización, nos SGF e nos vehículos cos que conte unha empresa para realizar os seus traballos e funcións | Aprender que lexislacións de ciberseguridade aplicadas a vehículos existen na actualidade e como se aplican, cal é o obxectivo do Test EUROCYBCAR e a metodoloxía ESTP e todo o que achega aos vehículos conectados dunha empresa.


