Formación en liña de 30 horas de duración de Grupo CYBENTIA, onde l@s alumn@s aprenderán con seis módulos audiovisuais exclusivos, complementados con titorías personalizadas, documentación crave e material adicional, profundando nos riscos, requisitos normativos e boas prácticas de ciberseguridade aplicadas aos vehículos eléctricos de diferentes categorías e as súas infraestruturas.
Dita actuación realizase no marco do proxecto denominado “Centro de innovación e competencia en ciencias da saúde, transporte intelixente, industria conectada e excelencia operativa” – “Proxecto RETECH CCAA”, financiado ao 75% polo INCIBE con cargo en fondos NextGenerationEU provenientes do mecanismo MRR e 25% fondos con fondos propios da Comunidade Autónoma.
Equipo docente especializado en ciberseguridade aplicada á automoción e a mobilidade, cunha ampla traxectoria combinada en investigación, avaliación tecnolóxica, operacións, comunicación e dirección de proxectos.
O profesorado -formado por expertos da Área Técnica da empresa tecnolóxica EUROCYBCAR– acumula unha extensa experiencia no desenvolvemento e implementación de metodoloxías de avaliación de ciberseguridade baseadas na Normativa de Ciberseguridade para Vehículos UNECE/R155, investigación de ciberataques no ecosistema da mobilidade, apoio na xeración de estándares creados por organismos internacionais e liderado de iniciativas de innovación. A súa participación en proxectos estratéxicos, tanto no ámbito civil como institucional, garante un enfoque práctico e aliñado coas necesidades reais do sector da mobilidade.
| Aprender que lexislacións de ciberseguridade aplicadas a vehículos existen na actualidade e como se aplican, cal é o obxectivo do Test EUROCYBCAR e a metodoloxía ESTP e todo o que achega aos vehículos conectados dunha empresa.


