Formación en liña de 15 horas de duración de Grupo CYBENTIA, onde l@s alumn@s explorarán seis módulos audiovisuais exclusivos, complementados con informes especializados, documentación crave, material adicional e titorías personalizadas, co obxectivo de coñecer en profundidade a Normativa de Ciberseguridade para Vehículos UNECE/R155 e o seu impacto na industria da automoción e a mobilidade. 

Dita actuación realizase no marco do proxecto denominado “Centro de innovación e competencia en ciencias da saúde, transporte intelixente, industria conectada e excelencia operativa” – “Proxecto RETECH CCAA”, financiado ao 75% polo INCIBE con cargo en fondos NextGenerationEU provenientes do mecanismo MRR e 25% fondos con fondos propios da Comunidade Autónoma.

Equipo docente especializado en ciberseguridade aplicada á automoción e a mobilidade, cunha ampla traxectoria combinada en investigación, avaliación tecnolóxica, operacións, comunicación e dirección de proxectos.

Obxectivos: Concienciar ao alumnado sobre a importancia de manter boas prácticas de ciberseguridade nos automóbiles, que coñezan como é a tecnoloxía que implementan os vehículos conectados e a que ciber-riscos expóñense os que viaxan a bordo. Analizar a normativa UNECE/R155 en profundidade e estudar o impacto da entrada en vigor da normativa en xullo de 2024.

O profesorado -formado por expertos da Área Técnica da empresa tecnolóxica EUROCYBCAR– acumula unha extensa experiencia no desenvolvemento e implementación de metodoloxías de avaliación de ciberseguridade baseadas na Normativa de Ciberseguridade para Vehículos UNECE/R155, investigación de ciberataques no ecosistema da mobilidade, apoio na xeración de estándares creados por organismos internacionais e liderado de iniciativas de innovación. A súa participación en proxectos estratéxicos, tanto no ámbito civil como institucional, garante un enfoque práctico e aliñado coas necesidades reais do sector da mobilidade.

Aprender que lexislacións de ciberseguridade aplicadas a vehículos existen na actualidade e como se aplican, cal é o obxectivo do Test EUROCYBCAR e a metodoloxía ESTP e todo o que achega aos vehículos conectados dunha empresa.

Grupo CYBENTIA
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.